Publicación no DOGA do 19 de novembro das axudas para o ano 2009 da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (Programa I3) na Comunidade Autónoma de Galicia con destino ao sistema público de investigación e desenvolvemento.
Este programa ten a finalidade, por unha banda, de fomentar a incorporación estable dos investigadores cunha traxectoria investigadora destacada, nas universidades, no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e outros organismos públicos de investigación e demais centros de I+D, e pola outra, de favorecer a captación ou recuperación de investigadores españois ou estranxeiros de recoñecida experiencia, para a súa incorporación ao sistema español de ciencia e tecnoloxía,
e incentivar a incorporación ao sistema nacional de I+D de mozos investigadores con alto potencial investigador en grupos emerxentes e consolidados.
Prazo límite de presentación de solicitudes: 21 de decembro de 2009.
| Título | Arquivo a descargar |
| Máis información | » PDF [123 KB] |



