Idioma: Castelán / Galego
Versión de texto
InicioA PlataformaEstruturaMembrosAdherirseBibliotecaLigazónsNovasCursosÁrea sociosFAQ'S

Estrutura:

Asemblea Xeral

Comité Executivo

Secretaría Técnica

Grupos de Traballo

Xeral:

Inicio

Contactar

Edición

Membros

A Asemblea Xeral está constituída por todos os membros da agrupación. Por membros ordinarios entenderase aquelas empresas ou institucións con personalidade xurídica propia, que, unha vez cumpridos os requisitos de entrada, e proporcionados os datos recollidos na solicitude de admisión, estean ao día no cumprimento das súas obrigacións correspondentes á PTGM.

Por tanto, todo membro ordinario deberá:

Cada empresa ou institución participante poderá inscribir un representante na Asemblea.

As empresas asociadas a calquera das seguintes entidades asociativas de representación sectorial de Galicia, FEARMAGA, Clúster da Madeira, Asociación Monte-Industria e FECEG, formarán parte automáticamente da PTGM.

Reunións

A Asemblea Xeral reunirase como mínimo unha vez ao ano dentro dos tres ou catro meses seguintes ao peche do exercicio. Ademais desta reunión anual ordinaria celebraranse cantas reunións extraordinarias sexan necesarias se as circunstancias así o aconsellan.

A Asemblea Xeral Extraordinaria convocarase sempre que o pida o Comité Executivo ou o 10% dos seus membros, facendo constar na convocatoria claramente (que nestes casos será sempre obrigatoria) os asuntos que se van a tratar.

Para que as reunións queden validamente constituídas será necesaria a asistencia dun 20% dos membros en primeira convovatoria. En segunda convocatoria a Asamblea constituirase cos membros que estean presentes nese momento. Entre as dúas convocatorias deberá transcorrer como mínimo media hora.

Adopción de acordos

No seo da Asemblea os acordos adoptaranse ordinariamente pola maioría simple dos seus membros presentes ou representados.

Para os temas de especial relevancia a maioría simple non será suficiente para adoptar decisións sobre estes; necesitarase maioría cualificada de 2/3 dos asistentes.

Dentro dos temas que requirirá esta maioría estarán:

Os acordos aos que se cheguen nas asambleas tanto xeral como ordinaria faranse constar en actas e estarán firmadas polo presidente e polo secretario-tesoureiro.

Todos os membros, incluso os que non participen nas reunións, quedarán sometidos aos acordos que sexan adoptados validamente pola Asemblea.

Funcións

Asemblea Ordinaria

Asemblea Extraordinaria