Idioma: Castelán / Galego
Versión de texto
InicioA PlataformaEstruturaMembrosAdherirseBibliotecaLigazónsNovasCursosÁrea sociosFAQ'S

Estrutura:

Asemblea Xeral

Comité Executivo

Secretaría Técnica

Grupos de Traballo

Xeral:

Inicio

Contactar

Edición

O Comité Executivo será o órgano directivo e visible da Plataforma e en liñas xerais será o que vele polo cumprimento dos seus fins, dando conta a Asemblea Xeral tanto do cumprimento dos acordos adoptados como das decisións tomadas no cumprimento do seu contido.

Membros

Estará formado por un presidente, tres vicepresidentes, un secretario-tesoureiro e un vogal.

Presentaranse candidaturas formadas por un presidente e tres vicepresidentes. As candidaturas presentaranse durante os 15 días seguintes á convovatoria de eleccións polo Comité Executivo.

Para poder presentar as candidaturas é preciso que todas as empresas ou institucións das que sexan membros cumpran os seguintes requisitos:

Serán elixidos pola Asemblea Xeral, non terán por que ser as persoas designadas polos participantes na agrupación para a representación na Asemblea. O cargo de membro do Comité será por un período de tempo de dous anos.

Poderá ser elixido, por tanto, como membro do Comité Executivo unha persoa física diferente do representante, e disporá de voto adicional na Asemblea. Ademais, estableceranse unha restricción consistente en que cada membro ordinario só poderá ter unha persoa no Comité Executivo, por tanto dentro de cada candidatura non poderán formar parte dúas persoas pertencentes á mesma empresa ou institución membro.

A condición de membro do Comité Executivo poderase perder antes de que finalice o prazo do nomeamento por:

Composición actual do Comité Executivo

- PRESIDENTE:
D. José Blanco Fernández (Clúster da Madeira de Galicia).

- VICEPRESIDENTES:
D. Antonio Rodríguez Freire (Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia).
D. Ricardo Llorente Morales (Asociación Galega Monte-Industria).
D. Angel Hermida Lage (Federación de Empresas de Carpintaría e Ebanistería de Galicia).

- SECRETARIO-TESOUREIRO:
D. Francisco X. Pedras Saavedra (Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia).

O presidente

O presidente será o que represente legalmente a Plataforma ante toda clase de organismos públicos ou privados; ademais será a persoa que convoque, presida e levante as sesións da Asemblea e do Comité Executivo, así como a dirección das deliberacións durante o seu transcurso.

Por outro lado, autorizará coa súa firma os documentos, actas e correspondencia. Tamén será o que en caso extraordinario ou cando resulte necesario adopte calquera medida urxente para asegurar unha boa marcha da Plataforma, sen prexuízo das contas que posteriormente dará á Asemblea. Poderá delegar a súa representación no representante ordinario da asociación empresarial sectorial á que pertenza.

Os vicepresidentes

Os vicepresidentes da Asociación deberán cumprir coas funcións que lle sexan asignadas polo Comité Executivo e subsistir o presidente nas súas funcións no caso de ausencia deste, tendo neste caso as súas mesmas atribucións. Poderán delegar a súa representación no representante ordinario da asociación empresarial sectorial á que pertenza.

O secretario-tesoureiro

Será o encargado de levantar actas das asembleas. Responsabilizarase de xestionar os fondos económicos da agrupación e de administralos de maneira axeitada; tamén será o encargado da apertura de contas bancarias, de realizar toda clase de pagos, dispoñendo do necesario para o debido cumprimento de todas as obrigas da agrupación.

Neste punto é importante destacar que todas as contratacións da plataforma e os seus gastos se farán no marco dun proxecto, é dicir, que non haberá partidas de estrutura. Este cargo será ostentado por un representante do CIS-Madeira.

O vogal

O vogal formará parte do Comité e terá as obrigas propias do seu cargo como membro do Comité Executivo. Este cargo será ostentado por un representante da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovavión da Consellería de Innovavión e Industria da Xunta de Galicia.

Reunións

O Comité Executivo reunirase todas as veces que sexan necesarias para o interese da Plataforma por iniciativa do presidente ou por dous ou máis membros deste.

Non será necesaria a convocatoria previa se todos están presentes.

Adopción de acordos

Os acordos que sexan tomados no seo do Comité Executivo adoptaranse por maioría simple dos seus membros e en caso de empate será o presidente o que teña o voto dirimente. A vogalía terá voz pero non voto. Os restantes membros do Comité Executivo terán voz e voto.

Funcións

O Comité Executivo: