A PTGM será unha agrupación voluntaria de todas as entidades interesadas na mesma. Esta estrutura organizativa inicial poderá continuar como tal no futuro ou ben pasar a ser unha asociación sen ánimo de lucro ou unha fundación.
Órganos da PTGM
ASEMBLEA XERAL
A Asemblea Xeral estará constituída por todos os membros ordinarios da agrupación. Por membros ordinarios entenderase aquelas empresas ou institucións con personalidade xurídica propia, que unha vez cumpridos os requisitos de entrada, e proporcionados os datos recollidos na solicitude de admisión, estean ao día no cumprimento das súas obrigas á PTGM
» mais información...
COMITÉ EXECUTIVO
O Comité Executivo será o órgano directivo e visible da Plataforma e en liñas xerais será o que vele polo cumprimentos dos seus fins, dando conta a Asamblea Xeral tanto do cumprimento dos acordos adoptados coma das decisións tomadas no cumprimento do seu contido.
» máis información...
SECRETARÍA TÉCNICA
A súa misión será a de convocar reunións a indicación do Comité Executivo, do presidente ou dos coordinadores dos grupos, dar formato aos documentos que se elaboren, manter activa a base de datos da Plataforma, enviar correos no nome do Comité a petición deste e ser a canle das comunicacións, que as reciban as persoas máis axeitadas.
» máis información...
GRUPOS
Os Grupos de Traballo estarán formados polos axentes involucrados nunha área temática determinada, destinadas ao impulso dos proxectos e accións específicos desta, sendo o elemento fundamental da Plataforma.
» máis información...


