![]() | ¿Qué é a PTGM? |
A PTGM é un instrumento de concentración que agrupa aos axentes representativos do contorno da madeira. Ten como obxectivo principal incrementar a capacidade innovadora do sector.
![]() | ¿Cal é a forma xurídica da PTGM? |
A PTGM é unha agrupación voluntaria de empresas, asociacións, centros de investigación e tecnolóxicos, universidades, administracións e entidades públicas que non teñen personalidade xurídica propia.
![]() | ¿Hai que pagar taxas para ser membro da PTGM? |
Non é preciso pagar ningún tipo de taxa para pertencer á Plataforma.
![]() | ¿Cómo podo adherirme á PTGM? |
Para adherirse hai que cumplimentar o formulario e a carta de adhesión que se atopan na sección de adherirse. [Ir ao formulario]
![]() | ¿Qué órganos forman a PTGM? |
Os órganos que forman a PTGM son: a Asemblea Xeral, o Comité Executivo, a Secretaría Técnica e os Grupos de Traballo.
![]() | ¿Quén forma parte da Asemblea Xeral? |
A Asemblea Xeral estará constituída por todos os membros ordinarios da agrupación. Por membros ordinarios entenderase aquelas empresas ou institucións con personalidade xurídica propia, que, unha vez cumpridos os requisitos de entrada, e proporcionados os datos recollidos na solicitude de admisión, estean ao día no cumprimento das súas obrigacións correspondentes á PTGM.
As empresas asociadas a calquera das seguintes entidades asociativas de representación sectorial de Galicia, FEARMAGA, Clúster da Madeira, Asociación Monte-Industria e FECEG, forman parte automáticamente da PTGM.
![]() | ¿Quén forma o Comité Executivo? |
O Comité Executivo é o órgano directivo e visible da Plataforma e en liñas xerais será o que vele polo cumprimento dos seus fins dando conta a Asamblea Xeral tanto do cumprimento dos acordos adoptados como das decisións tomadas no cumprimento do seu contido.
Está composto por un presidente, tres vicepresidentes, un secretario-tesoureiro (que é un representante do CIS-Madeira) e un vogal que é un representante da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
![]() | ¿Qué son os Grupos de Traballo? |
Son un instrumento de participación activa na Plataforma destinados ao impulso de proxectos e accións específicas.
Os grupos estarán abertos aos membros da Plataforma e formado por entidades públicas e privadas.
![]() | ¿Como solicito a creación dun Grupo de Traballo? |
Os Grupos de Traballo estarán abertos aos membros da Plataforma e formados por entidades públicas e privadas. Calquera organización poderá promover un novo grupo, que deberá ter suficiente masa crítica e estar validados polo Comité Executivo.
A solicitude dos grupos será por escrito (correo electrónico) e deberá conter:
- Quén son os promotores.
- Contexto.
- Obxectivos (determinados de maneira clara).
- Actividades.
- Persoas de contacto.
Cada grupo de Traballo organizarase segundo os seus criterios, reuníndose presencialmente ou por teléfono. Se o grupo de traballo é moi grande debería dividirse a súa vez noutros.
Deberán comunicar os seus resultados ao Comité Executivo polo menos unha vez ao ano antes da Asemblea Xeral.
![]() | ¿Cando se poden formar Grupos de Traballo? |
Non existe ningunha data fixada para enviar propostas de Grupos de Traballo. Os grupos pódense propoñer en calquera momento, xa que teñen como función xestionar proxectos de I+D+i que poden xurdir en calquera momento.



