EVENTOS
|
05.10.2010: Seminario "Madera en Rehabilitación y Mejora Constructiva. Aplicación de la madera para la rehabilitacion y para la mejora de envolventes térmicas en edificación". Organizado por proHolz Austria e CIS-Madeira en colaboración co proxecto "Construir con Madera" [máis] |
Qué é a PTGM
A Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira (PTGM) defínese como un instrumento de concertación que agrupa aos axentes representativos do contorno produtivo, científico e tecnolóxico da cadea da madeira. Ten como finalidade fomentar e producir sinerxías entre estes diferentes actores para dinamizar a planificación da investigación e o desenvolvemento deste sector estratéxico para Galicia.
Esta Plataforma, promovida inicialmente polo CIS – Madeira, ten o apoio da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. O principal mecanismo da Plataforma Tecnolóxica da Madeira será reunir aos axentes do sector, poñelos en contacto e facilitar as relacións e interactuacións multidireccionais para o aproveitamento do coñecemento xerado e as novas iniciativas necesarias en proxectos de investigación. É, polo tanto, un instrumento para a eficacia no liderado do sector forestal.
Obxectivos
A través da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira preténdense acadar os seguintes obxectivos:
- Definir, desenvolver e manter a Axenda Estratéxica de I+D+i da madeira en Galicia.
- Incorporar aos plans galegos de I+D+i as liñas definidas na Axenda Estratéxica, así como trasladar á Xunta de Galicia as medidas que considere de forma acordada.
- Promover a colaboración de grupos de traballo empresariais en I+D+i para as áreas definidas na Axenda Estratéxica (estruturas permanentes e proxectos temporais).
- Soportar baixo demanda as actividades de colaboración en I+D+i local, estatal e internacional das empresas e institucións asociadas á Plataforma Tecnolóxica da Madeira, así como representalas nas plataformas europeas e estatais.
- Articular un foro de opinión na mellora da estruturación e mobilización de recursos de I+D+i no sector da madeira en Galicia.
Neste contexto, a constitución da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira (PTGM) ten como obxectivo fundamental facilitar a consecución de avances significativos nas áreas científico tecnolóxicas de importancia estratéxica.


