FEARMAGA
A Federación Empresarial de Serradores e Rematantes de Madeira de Galicia constitúena as catro Asociacións Provinciais que existen en Galicia e que agrupan á práctica totalidade dos aserradoiros e rematantes de madeiras de Galicia.
Os campos de actuación da federación son:
Defender os intereses profesionais das distintas asociacións que a compoñen.
Representar ás distintas asociacións provinciais ante os Organismos públicos ou privados.
Desenvolver, comentar e apoiar cantas actividades tendan ao mellor logro dos seus fins. Promover, participar e executar cantos traballos e proxectos profesionais, de formación, investigación ou calesqueira outros que non sexan incompatibles cos seus fins, lle sexan propostos por particulares, asociacións ou organismos públicos ou privados .
Calesqueira outros que entren dentro da súa actividade representativa.
» máis información...
FECEG
A Federación de Empresas de Carpintaría e Ebanistaría de Galicia é unha federación de asociacións empresariais, con ámbito autónomico.
Representa, defende e promove os intereses e obxectivos das empresas de carpintaría e ebanistaría de Galicia e con domicilio social en Galicia.
Integrada polas asociacións empresariais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, ten ámbito autonómico e representa ao sector en tódolos niveis de competencia.
» máis información...
CMA
O Cluster da Madera de Galicia constitúese co obxecto de lograr a unión, cooperación e integración do conxunto de empresas e axentes da Cadena da Madeira da Comunidade Autónoma Galega, coa finalidade de alcanzar un maior nivel de competitividade en todo o sector, establecer as bases de futuras actuacións conxuntas, constituir un auténtico foro de debate e acción, no fomento da cultura madeireira galega, e en defensa xeral de tódolos seus intereses.
» máis información...
ASOCIACIÓN GALEGA MONTE INDUSTRIA
A Asociación Galega Monte Industria, é unha organización que integra a industriais e industrias transformadoras de madeira de rollo galega nos sectores da pasta de papel e o taboleiro derivado de madeira.
» máis información...
NOTA: As empresas asociadas aos diferentes membros intégranse na Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira






