O proxecto europeo LEADERA, no que participa como socio a Dirección Xeral de I+D+i, da Consellería de Economía e Industria, é un proxecto ERANET onde participan diferentes rexións europeas coa finalidade de deseñar unha convocatoria de axudas trans-rexional da que poidan beneficiarse os diferentes axentes galegos de I+D (empresas, universidades, centros tecnolóxicos, etc.) vinculados ás temáticas definidas pola UE dentro da iniciativa Lead Markets:
- Saúde electrónica (E-health)
- Tecidos protectores
- Construción Sostible
- Reciclaxe
- Bio-Productos (non inclúe nin alimentación, papel, madeira nin biomasa)
- Enerxías renovables
Ese proxecto abriu a súa primeira convocatoria de axudas o día 15 de febreiro e os solicitantes terán ata o 15 de abril para presentar as súas propostas. Toda a información sobre o proxecto, convocatoria e a solicitude electrónica atópase na web do proxecto (» www.leadera.net).
Para poder participar nesta convocatoria é preciso un mínimo de dous socios industriais de dous países diferentes entre as rexións participantes. Co obxectivo de axudarvos coa busca de socios, habilitouse, a través da web do proxecto, un espazo para compartir información sobre as entidades interesadas. Ademais, a través das administracións e axencias financiadoras, enviarase información sobre as buscas activas en cada momento.
Para recibir mais información:
Teléfono: 981 543 998
Email: » dxidi@xunta.es
Descargas asociadas
| » Leaflet_1_print.pdf [3.340 KB] |
| » Leaflet_2_print.pdf [3.418 KB] |


