Vostede está aquí: Cursos
Volver a: Inicio
Xeral:
Contactar
Edición
Os vindeiros 22, 23, 29 e 30 de xuño celebrarase na sede de Feuga, en Santiago de Compostela, o Taller de Mellora Competitiva "Xestión dos Recursos Humanos na empresa".
Con obxecto de dar resposta ás necesidades das empresas, BIC Galicia e Feuga organizan este Taller de Mellora Competitiva en colaboración con In&Out, onde se ensinarán as técnicas, ferramentas e sistemas fundamentais na xestión de Recursos Humanos e se debaterá sobre a súa contribución para crear, motivar e desenvolver un equipo moi cualificado que supere en esixencia e capacidade de adaptación á súa competencia.
Estudarase e poñeranse en práctica ferramentas como a análise e descrición de postos, os perfís por competencias, a entrevista de selección, a xestión do rendemento e a elaboración dun plan de formación.
Entre os obxectivos do curso atópanse os seguintes:
Este taller vai dirixido a Empresas de calquera sector: directivos, xerentes, mandos intermedios, xefes de equipo, técnicos e responsables de Recursos Humanos, que pretendan a posta en marcha de accións de mellora nas súas organizacións.
Data límite inscrición: 17 de xuño.
| Título | Arquivo a descargar |
| Programa e boletín de inscrición | PDF [950 KB] |
Ir a: Obxectivos e indicadores de I+D+i Taller de Mellora Competitiva