Idioma: Castelán / Galego

Vostede está aquí: Cursos
Volver a: Inicio
Xeral: Contactar Edición

Curso de Gestión de Proyectos FP7

Na actualidade, o VII Programa Cadro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (FP7), cun orzamento de máis de 50.000 millóns de euros, é o principal instrumento de financiamento da I+D da Unión Europea.

En Galicia, a participación no FP7 incrementouse con respecto aos programas anteriores, pero aínda queda un gran esforzo que realizar para mellorar o retorno acadado e a presenza das nosas empresas e os nosos investigadores nas iniciativas europeas. Mellorar a formación dos/as xestores/as de proxectos europeos é algo fundamental para acadar este obxectivo.

Por este motivo, a OPIDi está a organizar o “Curso de xestión de proxectos do VII Programa Cadro”, que terá lugar do 26 ao 28 de novembro de 2008 en Narón (A Coruña), e que ten como obxectivo dotar ao persoal das entidades galegas dos coñecementos necesarios para afrontar con éxito a elaboración e xestión de proxectos europeos de I+D.

O curso, de carácter práctico, consistirá no desenvolvemento de exercicios en grupo e no estudo de exemplos concretos co apoio de expertos nacionais e europeos, con ampla experiencia na elaboración e xestión de proxectos internacionais.

Esta actividade formativa está dirixida a persoal de centros de investigación, públicos e privados, centros tecnolóxicos e empresas, que teñan experiencia previa na xestión de proxectos de I+D+i (nº de prazas limitado a 30).

Todos aqueles interesados en participar, podedes atopar máis información sobre o curso, así como o programa [2.537 KB] e o formulario de inscrición [1.346 KB] nos arquivos achegados. O prazo de inscrición remata o venres, 14 de novembro.

Colaboran: CDTI, SOST, IPR HELPDESK, CESGA, FUNDACIÓN ADEUROPA, ECONET / PNO, ATOS ORIGIN e EOSA.

Descargas

Título Arquivo a descargar
Programa PDF [2.537 KB]
Formulario de inscrición PDF [1.346 KB]

Ir a: Curso: Deseño, Presentación e Xestión de Proxectos Novo Curso da PTGM