Idioma: Castelán / Galego

Vostede está aquí: Cursos
Volver a: Inicio
Xeral: Contactar Edición

Como implantar un sistema de xestión de I+D+i

Os vindeiros 9, 10 e 11 de febreiro terá lugar nas instalacións de FEUGA en Santiago de Compostela o Curso "Como implantar un sistema de xestión I+D+i na empresa".

O sistema de xestión de I+D+i é a parte do sistema xeral de xestión, que inclúe a estrutura organizativa, a planificación de actividades, as responsabilidades, as prácticas, os procedementos, os procesos e os recursos para desenvolver, implantar, levar a efecto, revisar e manter ao día a política de I+D+i da organización.

Convértese así nun instrumento que, integrado na dirección estratéxica da organización, é capaz de contribuir sustancialmente ao desenvolvemento competitivo da empresa. Por iso, cada día son máis as empresas galegas que implantan un sistema de xestión da I+D+i conforme á Norma UNE 166002:2006 “Xestión da I+D+i: Requisitos do Sistema de Xestión da I+D+i".

Descargas

Título Arquivo a descargar
Curso: "Como implantar un sistema de xestión de I+D+i na empresa" Link

Ir a: Novo Curso da PTGM Curso Dirección e Xestión de Proxectos