Vostede está aquí: Secretaría Técnica
Volver a: Estrutura
Xeral:
Contactar
Edición
A súa misión será a de convocar reunións a indicación do Comité Executivo, do presidente ou dos coordinadores dos grupos, dar formato aos documentos que se elaboren, manter activa a base de datos da Plataforma, enviar correos no nome do Comité a petición deste e ser a canle das comunicacións, que as reciban as persoas máis axeitadas. Levará ademais toda a xestión administrativa da Plataforma e de apoio aos grupos.
A Secretaría será levada polo CIS-Madeira. A Secretaría Técnica será a responsable de establecer un Grupo de Enlace coas OTRI das tres universidades galegas. No marco deste grupo de enlace, a Secretaría demandaralles ás OTRI enlace cos grupos de investigación axeitados ás liñas de investigación ou proxectos que emanen dos grupos de traballo.