Axenda Estratéxica

O CIS-Madeira participa e desenvolve un gran número de proxectos dirixidos a fomentar e desenvolver diversas capacidades no sector da madeira. Entre eses proxectos atópase a "Plataforma Tecnolóxica da Madeira de Galicia" (PTGM) que ten como obxectivo principal planificar a investigación e o desenvolvemento estratéxico a medio e longo prazo no sector da madeira en Galicia, aproveitando as sinerxias entre empresas, centros de investigación, universidades e centros tecnolóxicos para aumentar a capacidade innovadora do sector.

Como parte das actuacións levadas a cabo polos membros da Plataforma, está a creación e posta en marcha da Axenda Estratéxica, entendida como un instrumento operativo co que se pretende acadar unha cadea da madeira comprometida coa competitividade e o coñecemento.

Entre os obxectivos estratéxicos da Axenda Estratéxica, atópanse os seguintes:


Desenvolvemento de produtos innovadores.
Mellora e eficiencia de procesos organizativos e industriais.
Potenciación do uso da biomasa forestal.
Multifuncionalidade e xestión sostible.
Prespectiva social.


Descargas

Título  Arquivo a descargar 
Axenda estratéxica  PDF  

(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina