Curso Excel Business Solutions

Os vindeiros 4 e 5 de maio de 2009 celebrarase na Sede de Feuga en Santiago de Compostela o curso "Aplicacións de Excel para a Xestión Empresarial".

O obxectivo deste curso é formar aos participantes para que rendibilicen o uso dunha ferramenta tan imprescindible como a folla de cálculo. Os asistentes aprenderán a desenvolver modelos de orzamentación, cadros de mando, informes de vendas, análises de cocientes, estimacións de contas de resultado, presentación de escenarios, etc.

O curso vai dirixido a empresarios, directivos e xerentes de empresa; responsables, mandos intermedios e técnicos; persoal docente e investigador, profesionais da Administración Pública e consultores.

Data límite inscrición: 28 de abril de 2009


Descargas

título  Arquivo a descargar 
Máis información...  PDF  

(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina