COMITÉ EXECUTIVO |
||||||||||||||||||||||||
O Comité Executivo será o órgano directivo e visible da Plataforma e en liñas xerais será o que vele polo cumprimento dos seus fins, dando conta a Asemblea Xeral tanto do cumprimento dos acordos adoptados como das decisións tomadas no cumprimento do seu contido. |
||||||||||||||||||||||||
Membros
|
||||||||||||||||||||||||
Estará formado por un presidente, tres vicepresidentes, un secretario-tesoureiro e un vogal. |
||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||
Serán elixidos pola Asemblea Xeral, non terán por que ser as persoas designadas polos participantes na agrupación para a representación na Asemblea. O cargo de membro do Comité será por un período de tempo de dous anos. |
||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||
Composición actual do Comité Executivo
|
||||||||||||||||||||||||
- PRESIDENTE: |
||||||||||||||||||||||||
O presidente
|
||||||||||||||||||||||||
O presidente será o que represente legalmente a Plataforma ante toda clase de organismos públicos ou privados; ademais será a persoa que convoque, presida e levante as sesións da Asemblea e do Comité Executivo, así como a dirección das deliberacións durante o seu transcurso. |
||||||||||||||||||||||||
Os vicepresidentes
|
||||||||||||||||||||||||
Os vicepresidentes da Asociación deberán cumprir coas funcións que lle sexan asignadas polo Comité Executivo e subsistir o presidente nas súas funcións no caso de ausencia deste, tendo neste caso as súas mesmas atribucións. Poderán delegar a súa representación no representante ordinario da asociación empresarial sectorial á que pertenza. |
||||||||||||||||||||||||
O secretario-tesoureiro
|
||||||||||||||||||||||||
Será o encargado de levantar actas das asembleas. Responsabilizarase de xestionar os fondos económicos da agrupación e de administralos de maneira axeitada; tamén será o encargado da apertura de contas bancarias, de realizar toda clase de pagos, dispoñendo do necesario para o debido cumprimento de todas as obrigas da agrupación. |
||||||||||||||||||||||||
O vogal
|
||||||||||||||||||||||||
O vogal formará parte do Comité e terá as obrigas propias do seu cargo como membro do Comité Executivo. Este cargo será ostentado por un representante da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovavión da Consellería de Innovavión e Industria da Xunta de Galicia. |
||||||||||||||||||||||||
Reunións
|
||||||||||||||||||||||||
O Comité Executivo reunirase todas as veces que sexan necesarias para o interese da Plataforma por iniciativa do presidente ou por dous ou máis membros deste. |
||||||||||||||||||||||||
Adopción de acordos
|
||||||||||||||||||||||||
Os acordos que sexan tomados no seo do Comité Executivo adoptaranse por maioría simple dos seus membros e en caso de empate será o presidente o que teña o voto dirimente. A vogalía terá voz pero non voto. Os restantes membros do Comité Executivo terán voz e voto. |
||||||||||||||||||||||||
Funcións
|
||||||||||||||||||||||||
O Comité Executivo: |
||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||
(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados |
||||||||||||||||||||||||