GRUPOS DE TRABALLO

Os grupos de traballo estarán formados polos axentes involucrados nunha área temática determinada, destinadas ao impulso dos proxectos e accións específicos desta, sendo o elemento fundamental da Plataforma. Neles poderanse integrar os grupos de investigación máis afíns a temática dos proxectos e liñas de investigación de cada grupo tras solicitude previa ás OTRI correspondentes por parte da Secretaría Técnica.

Estarán abertos aos membros da Plataforma e formados por entidades públicas e privadas. Calquera organización poderá promover un novo grupo, que deberá ter suficiente masa crítica e estar validado polo Comité Executivo.

A solicitude dos grupos será por escrito (correo electrónico) e deberá conter:


Quen son os promotores
Contexto
Obxectivos (determinalos de maneira clara)
Actividades
Persoas de contacto

Cada grupo de traballo organizarase segundo os seus criterios, reuníndose presencialmente ou por teléfono. Se o grupo de traballo é moi grande debería dividirse á súa vez noutros.

Deberán comunicar os seus resultados ao Comité Executivo polo menos unha vez ao ano antes da Asemblea Xeral.

A súa inactividade poderá ser causa de disolución por parte do Comité Executivo.


(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina