¿QUÉN SOMOS?

Organización

Na Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira preténdese integrar a todas as entidades nas que a súa actividade se relaciona fundamentalmente co sector da madeira.

Polo tanto, son potenciais participantes aqueles axentes que se corresponden a algún dos seguintes grupos:


Empresas do sector forestal e asociacións representativas.
Centros tecnolóxicos e centros de investigación.
Administracións, universidades e entidades públicas.

O modelo de organización da Plataforma intégrase en catro niveis que reflicten as responsabilidades e relacións entre os diversos órganos que a integran.


Asemblea Xeral: forman parte dela todas as entidades membros da PTGM.
A un segundo nivel sitúase o Comité Executivo, que será o órgano directivo e visible da Plataforma. Estará formado por un presidente, tres vicepresidentes, un secretario - tesoureiro e un vogal.
Como elemento de organización e soporte administrativo, créase unha Secretaría Técnica da PTGM, que realizará as funcións de xestión administrativa da Plataforma e dos grupos de traballo.
Como figuras de apoio á Plataforma, establécese un cuarto nivel formado por grupos de traballo, que serán de dous tipos: abertos ou privados.

(C) 2005 - Quedan todos os dereitos reservados

Imprimir esta páxina