Os proxectos e tarefas da plataforma teñen como obxectivo:
- Ser un foro permanente para a definición das liñas estratéxicas do sector.
- Facilitar a relación constante con outras plataformas forestais e doutros ámbitos sectoriais de interese.
- Establecer mecanismos de comunicación e difusión dos traballos en curso.
- Crear e apoiar grupos de traballo segundo liñas de interese común.
- Facilitar a cooperación entre as industrias, institucións e expertos que permita levar a cabo proxectos de forma concertada.


